Somos maioría
Chiar |
Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.
Porque somos maioría as persoas que non estamos dispostas a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade, moi principalmente da nosa lingua.
Somos maioría as persoas que pensamos que a orde social debe asegurarnos o dereito a un benestar e unha seguranza material mínima: a ter unha vivenda digna, a ter un traballo decente, a poder protexer a nosa saúde e o noso medio ambiente, a poder acceder ao ensino e á cultura.
Somos maioría as persoas que queremos aproveitar este momento de cambio para impulsar unha democracia avanzada, fundada nos valores republicanos da igualdade, solidariedade e liberdade.
Somos maioría as persoas que demandamos un grande entendemento galego para saírmos desta situación de empobrecemento, marxinación, e mesmo inanición polo ruín desgoberno que estamos a sufrir.
Somos maioría quen demandamos que exista unha alternativa de confluencia e unidade que poña fin a este estado de regresión nos dereitos, liberdades e autogoberno.
… e temos que entendernos
Cando impulsamos este manifesto non queremos substituír ningún partido nin ningunha organización. Só pretendemos, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social.
A unidade non é para nós un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos.
A nosa proposta
Sobre a base do que coidamos o común denominador da maioría social, defensa dos dereitos sociais como punto de partida para unha sociedade máis xusta, e do dereito da xente a decidir como parte esencial dunha democracia verdadeira:
- Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
- Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Unha proposta coma esta ten sentido para agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego, para, en primeiro lugar, desaloxar a corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso País.
Temos a certeza de que unha alternativa común coma esta pode ser amplamente maioritaria e protagonizar os cambios que Galiza precisa con urxencia.
Galiza xullo de 2014
Inscricións
1767
Alfredo Dourado, músico
Agustín Fernández Paz, escritor
Antón Seoane Papin, músico e psiquiatra
Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músico
Bernardino Pardo Teijeiro, médico
Carlos Moreira García, directivo da Asociación de Pequenas Empresas de Ferrolterra
David Otero, mestre e escritor
Davide Seném Outeiro, historiador e audiovisual
Duarte Romero Varela, xornalista emigrado en Londres
Eduardo R. Cunha, “Tatán”, actor titiriteiro
Enrique González Muñoz, consultor Publicitario en Barcelona
Esteban Yáñez, comediante e músico
Eva Márquez Fernández, arquitecto Técnico
Fernando Souto Suárez, activista para a recuperación da memoria histórica
Francisco Rodríguez Lestegás, director da Facultade de F. do Profesorado de Lugo
Francisco Vázquez Vizoso, médico
Héctor Rodríguez Vidal, filólogo
Iago Lestegás Tizón, arquitecto, bolseiro de doutoramento
Imma António Souto, actriz e dramaturga
Inma Castro Gonzales, filóloga desempregada
Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra
Lino Braxe Mendía, escritor e actor
Lorena Souto, escritora
Lucía Aldao, poeta e artista
Luís Álvarez Pousa, profesor de Xornalismo na USC
Luz Divina Rebollal Juanes, activista sindical
Mª Camiño Noia Campos, Catedrática de Galego da UdVigo
Manuel González Moreira, médico
Manuel Quintana Martelo, pintor
Manuel Rivas Barrós, escritor e xornalista
Manuela Pérez Pérez, funcionaria administración local
Mar Catarina Serantes, fotógrafa e audiovisual
Mario Regueria, escritor
María do Cebreiro Rábade, poeta
Marta Gonzalo Correa, activista sindical
Miguel Pernas Cora, actor
Paco Nieto, xornalísta radiofónico
Paula Rios, activista feminista
Paulo Grandío Montes, biólogo emigrado en Francia
Placer Vila Rodríguez, activista sindical
Ramiro Gayoso Neira, director do Instituto Virxen dos Ollos Grandes
Ramón Veras Castro, médico
Ramón Yáñez Brage, economista e profesor xubilado da UdC
Ricardo Posada Argibay, activista sindical
Sandra Rebolo López activista sindical
Santiago Fernández Rocha, mestre e colaborador xornalístico
Valentín X. García Bóveda, galeguista e activista cultural
Xoan Antonio Pinto Antón, mestre e colaborador xornalístico.
Xoan Carlos Carreira, catedrático da Escola Politécnica de Lugo
Xosé Henrique Costas, profesor titular da UVigo
Xosé Lois Vilar, historiador, arqueólogo e froiteiro
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), músico
Xosé Manuel Fernández Varela, avogado e membro da Irmandade Xurídica Galega
Xosé Pintado Valverde, investigador do CSIC
Xosé Ramón Cando Vázquez, profesor de Filosofía
Xulián Maure Rivas, Filólogo
Inscríbete!
Achega os seguintes datos para para votar na consulta sobre as eleccións ás Cortes Xerais
De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de SOMOS MAIORÍA para seren empregados na propia iniciativa. A persoa asinante resolverá calquera xestión sobre os seus datos a través do correo info@somosmaioria.org
Súmate tamén no Twitter e no Facebook:



