ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE LUGO REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de Lugo reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadán en Lugo.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en Lugo, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría da Cidade de Lugo:
Data: 3 de setembro
Hora: 19:30 h
Lugar: Salón de Actos do Edificio Sindical na Rolda da Muralla 58 de Lugo


Galiza, 28 de agosto de 2014

ASINANTES DE SOMOS MAIORÍA INICIAMOS XUNTANZAS PARA PROMOVER UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ (CUC) EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Reunido un grupo das persoas asinantes do manifesto SOMOS MAIORÍA, veciños e veciñas de Vilagarcía de Arousa, cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostos a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:

“Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”.

Celebramos esta primeira xuntanza, para iniciar os pasos e promover una Candidatura de Unidade Cidadá (CUC). Queremos crear unha marea ao abeiro do manifestado en SOMOS MAIORÍA, e axudar así a crear un espazo de entendemento, para que en Vilagarcía poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.

Por iso convidamos a quen asuma eses postulados, que asine o manifesto e se poña en contacto connosco no enderezo electrónico:

info@vilagarcia.somosmaioria.org

Vilagarcia, 27 de agosto de 2014

ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE SOBER DECIDEN CONVOCAR ASEMBLEA ABERTA PARA IMPULSAR UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

En Sober tamén Somos maioría

Nós, persoas que asinamos e temos apoiado o manifesto Somos Maioría, veciños e veciñas de Sober:
Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostas a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:
Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Sober poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.
Por iso, convidamos a quen asuma estes postulados que asine o manifesto en Somos maioría e/ou que asista á convocatoria aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Sober, unha marea ao abeiro do manifestado en Somos Maioría.

Así, acordamos fixar a convocatoria aberta para o venres, 26 de setembro, ás 20:30 h, en lugar por decidir.
Namentres, como canle de contacto e comunicación para acoller propostas, abrimos na rede este espazo (http://sober.somosmaioria.org).

Animamos á cidadanía do noso concello a sumarse e participar na iniciativa, xa que só se somos moitas e moitos e nos implicamos podemos transformar a realidade.

Tamén se pode contactar no correo: info@sober.somosmaioria.org

 

Convocatoria aberta: SOBER

Lugar: (por decidir)

Día: venres, 26 de setembro

Hora: 20:30 horas

Sober, 22 de agosto de 2014

Asinantes de Somos maioría convocan asemblea aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Cabanas

En Cabanas tamén Somos maioría

Nós, persoas que asinamos e temos apoiado o manifesto Somos Maioría, veciños e veciñas de Cabanas:
Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostas a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:
Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Cabanas poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.
Por iso, convidamos a quen asuma estes postulados que asine o manifesto en Somos maioría e/ou que asista á convocatoria aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Cabanas, unha marea ao abeiro do manifestado en Somos Maioría.

Convocatoria aberta: 

Lugar: ao carón da oficina de turismo, O Areal
Día: xoves 28 de agosto de 2014
Hora: 19.30 h

Cabanas, a 19 de agosto de 2014

MANIFESTO SOMOS MAIORIA

Somos persoas, cidadáns que pensamos que hai moito que facer, porque …

Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas, que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.

Decidimos presentar á sociedade este manifesto aberto, sen máis pretensión que suscitar que as persoas que sintan coma nós se adiran e promovan de abaixo arriba iniciativas cidadáns que permitan apartar aos corruptos dos concellos e poñer no seu lugar á cidadanía.

Galiza 20 de xullo de 2014