ASINANTES DE SOMOS MAIORÍA DECIDIRON EN REFERENDO ABERTO DAR IMPULSO ÁS CANDIDATURAS DE UNIDADE CIDADÁ

SOMOS MAIORIA remate votacion

As persoas asinantes de Somos Maioría acordaron en referendo aberto:

  1. Facer un chamado á cidadanía e aos partidos que concordan cos principios do manifesto, para que a cidadanía participe e os partidos animen á participación dos seus afiliados/as.
  2. Propoñer a confluencia local con iniciativas análogas sempre que cumpran cos principios de transparencia, horizontalidade, radicalidade democrática e apertura que inspiraran o manifesto Somos Maioría.

Estas dúas propostas saídas da reunión de persoas asinantes de Somos Maioría, celebrada o pasado día 7 de setembro en Santiago, foron referendadas polo 96,8% e 95,4% respectivamente.

O referendo telemático celebrado dende o día 21 até hoxe ás 12 horas, puxo de manifesto a posibilidade de posta en práctica da democracia directa cunha ferramenta segura e auditábel que garante o segredo do voto. A familiarización das persoas cun procedemento de votación novo para a maioría, resultou fácil e posibilitou unha alta participación, máis do 60%, sen apenas incidencias e que se solucionaron facilmente.

 

Galiza 27 de setembro de 2014

TODAS AS PERSOAS ASINANTES DE SOMOS MAIORIA DECIDEN EN REFERENDO TELEMÁTICO

Como foi xa anunciado, o domingo día 7 reuníronse en Santiago de Compostela asinantes de Somos Maioría provenientes da maioría das comarcas do País.

Tal e como estaba previsto, o encontro serviu para intercambiar opinións e experiencias do que até agora se leva feito e da boa acollida que está a ter o manifesto nas redes sociais.

Persoas de distintos concellos tamén informaron da marcha de iniciativas de candidaturas de unidade cidadá que se están a desenvolver e da ilusión que espertan na cidadanía.

Nesta xuntanza acordouse celebrar entre a totalidade dos asinantes un referendo telemático sobre as seguintes dúas cuestións:

1. Somos maioría debe facer un chamado á cidadanía e aos partidos que concordan cos principios do manifesto, para que a cidadanía participe e os partidos animen á participación dos seus afiliados/as?

 2. Somos maioría pode propoñer a confluencia con iniciativas análogas que xurdiron en diversas localidades sempre que cumpran cos principios de transparencia, horizontalidade, radicalidade democrática e apertura que inspiraran o manifesto Somos Maioría?

 Para dar cumprimento ao acordado dende o día 21 até o 27 todas as persoas asinantes de Somos Maioría teñen a posibilidade de votar sobre esas dúas preguntas e a ese efecto teñen recibido un correo coas súas claves persoais para poder votar.

Ao remate do referendo e unha vez realizado o reconto deste novidoso sistema de participación na decisión será feito público o resultado.

Galiza a 23 de setembro de 2014

SOMOS MAIORIA FARÁ REFERENDO TELEMÁTICO ENTRE TODOS OS ASINANTES

SOMOS MAIORÍA EXPÁNDESE POLOS CONCELLOS GALEGOS

Asinantes de Somos Maioría reuníronse hoxe en Santiago de Compostela nunha xuntanza nacional para realizar un intercambio de ideas e posta en común dos principios enunciados no propio manifesto co fin de alentar á promoción de candidaturas en todos os municipios.

Os presentes acordaron realizar votacións entre a totalidade dos asinantes para decidir os pasos a seguir a partir de agora. A ferramenta proposta é o voto telemático, xa que posibilita a participación da totalidade das persoas que asinaron ata o de agora.

As primeiras dúas preguntas que se trasladarán aos asinantes, son as seguintes:

Por un lado, a posibilidade de facer un chamado á cidadanía e aos partidos que concordan cos principios do manifesto, defensa da maioría social, radicalidade democrática e participación directa e rematar coa corrupción e o espolio do País para que se sumen á participación neste  proceso.

Por outro, consultar sobre a confluencia con iniciativas análogas que xurdiron en diversas localidades sempre que cumpran cos principios de transparencia, horizontalidade, radicalidade democrática e apertura que inspiraran o manifesto Somos Maioría.

Mediante estas votacións, Somos Maioría incide na necesidade de que a cidadanía sexa a protagonista do proceso de construción das candidaturas de unidade.

Compostela, 7 de setembro de 2014

ASINANTES DE SOMOS MAIORÍA VENSE ESTE DOMINGO EN SANTIAGO NUNHA XUNTANZA NACIONAL

Ante a demanda de moitas persoas que asinan o manifesto Somos  Maioría de contactar entre elas con outros asinantes de diversas localidades ou propoñendo unha reunión nacional na que intercambiar puntos de vista e que sirva para animar a promoción de candidaturas en todos os municipios.

As asinantes iniciais non considerándose por ese feito con máis dereitos que ninguén están dispostas axudar a crear un espazo de entendemento para que poida darse esa transformación que todas e todos desexamos:

Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Por iso convócase aos asinantes que queiran vir para que nos vexamos o próximo domingo 7 de setembro ás 10 da mañá no Hotel Santiago Apostol na Costa de San Marcos de Santiago de Compostela.

Galiza 5 de setembro de 2014

Reunión de asinantes de Somos Maioría en Redondela

Redondela. Onte tivo lugar o primeiro encontro dos/as asinantes do manifesto Somos Maioría (http://www.somosmaioria.org/) no concello de Redondela, co obxectivo de botar andar o proceso para a posible conformación de candidaturas de unidade cidadá no noso concello.

 

Os asistentes compartimos o diagnóstico da situación socio-política actual, de inxustiza social e da pobreza que están a xerar as políticas económicas da dereita, da corrupción e da reforma electoral antidemocrática que quere impor o Partido Popular. Acreditan que é necesaria a unidade de acción política e social da maioría da xente, dese 99% que padecemos esas salvaxes medidas que impón a oligarquía económica, e empezar o empoderamento cidadá a través dos concellos.

 

Daquela, concordamos en avanzar na construción de Somos Maioría en Redondela para entre todos ser quen de artellar esta proposta de confluencia cidadá e novas formas de facer e estar na política. Xa que logo, avogamos por aglutinar esforzos da esquerda social e da esquerda política organizada cunha visión aberta e centrada no país, para acadar os gobernos locais e así defender os interese da maioría social, sexa na sanidade, na educación e servizos sociais públicos como na recuperación do espazo público e do medio ambiente local.

 

Acordouse convocar o próximo encontro para o lanzamento público de Somos Maioría o día 17 de setembro ás 20:30 e fan un chamamento a todos os veciños a apoiar o manifesto (web) e formar parte activa deste proceso.

 

Somos Maioría.

Redondela, 4 de setembro 2014

ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE NARÓN REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de NARÓN reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadán nesta vila.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en NARÓN ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría para a xuntanza que terá lugar o vindeiro mércores 3 de setembro ás 19:30 h na Cafeteria o Rosal (ao lado do concello)

Galiza, 1 de setembro de 2014

ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE REDONDELA REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de Redondela reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadá nesta vila.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en REDONDELA ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría para a xuntanza que terá lugar o vindeiro mércores 3 de setembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela

Galiza, 1 de setembro de 2014

Nace en Noia unha alternativa de unidade cidadá

Un grupo de asinantes do manifesto Somos maioría impulsa unha candidatura cidadá en Noia.
Esta convocada unha xuntanza o vindeiro luns, día un de setembro, no edificio administrativo do Espírito Santo (antigo matadoiro) ás 20:30 co obxectivo de por en marcha a elboración dun programa de cara as vindeiras eleccións municipais.

Esta xuntanza será o comezo dun movemento que teña como obxectivo acadar unha candidatura unitaria e construir dende abaixo unha alternativa democrática de goberno municipal, buscando sempre principios comúns e un programa concreto en Noia conectando con iniciativas ao longo de todo o país. Está aberta a todos os veciños e veciñas que se queiran sumar a título individual que aposten por outro xeito de facer política.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén, só queremos impulsar un espazo de entendemento para que en Noia poida darse unha alternativa democrática que teña como
protagonista á cidadanía activa.
Somos maioría na rúa, na cola do paro, nas listas de espera dos hospitais públicos, nos empregos precarios e temporais…; e tamén queremos selo nas intitucións publicas. De ahí a que chegue o
momento de mollarse, de dar o paso a construír unha alternativa real a un bipartidismo que está máis feble que nunca
O día 1 será o comezo dunha nova andaina política que remate coa creación dun programa municipal elaborado baixo os principios do asemblearismo e a participación democrática. Nesta
xuntanza decidiremos tamén cales serán os nosos principios e estrutura organizativa, así como os mecanismos dos que nos dotaremos para escoller os nosos representantes.

Noia, 29 de agosto de 2014

ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE OURENSE REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de Ourense reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadán nesta cidade.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en OURENSE ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría para a xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves día 4 de setembro ás 20 horas no Ateneo de Ourense

Galiza, 29 de agosto de 2014

ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE FENE REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de Fene reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadán nesta vila de Ferrolterra.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en FENE, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría da vila de Fene para a xuntanza que terá lugar o vindeiro sábado 30 de agosto ás 11:30 horas no Café-Restaurante Tortoni de Fene.

Galiza, 28 de agosto de 2014