Por petición de moitos asinantes do manifesto inicial de Somos Maioría decidimos impulsar unha consulta telemática sobre a necesidade dunha candidatura única galega para as eleccións a cortes do vindeiro outono.
Tendo sido o resultado que un 98% dos participantes consideraron importante a necesidade dunha Candidatura Galega ás Cortes, unha serie de persoas asinantes propoñemos o seguinte manifesto que se axunta para o seu apoio a título persoal por parte dos cidadáns e cidadás interesadas
Todas aquelas persoas que desexen sumarse non teñen máis que subscribir o manifesto na páxina web somosmaioria.org
Estamos a prol dun proceso participativo sen competencia con outras iniciativas para unha única Candidatura Galega na defensa da maioría social, e para instaurar unha democracia real que comece polo dereito radical democrático de Galiza a decidir.
Galiza, 3 de xullo de 2015
a minha opinion e que debemos por debeda co Pais todas e todos temos que apoiar unha candidatura galega sin personalismos e sin siglas partidistas …..perdendo algo todos ganha o Pais….saude e patria …dende zurich
Chegou o tempo¡
Ou hai candidatura galega ou ficaremos sen día da Patria
Xs era hora