SOMOS MAIORÍA EXPÁNDESE POLOS CONCELLOS GALEGOS
Asinantes de Somos Maioría reuníronse hoxe en Santiago de Compostela nunha xuntanza nacional para realizar un intercambio de ideas e posta en común dos principios enunciados no propio manifesto co fin de alentar á promoción de candidaturas en todos os municipios.
Os presentes acordaron realizar votacións entre a totalidade dos asinantes para decidir os pasos a seguir a partir de agora. A ferramenta proposta é o voto telemático, xa que posibilita a participación da totalidade das persoas que asinaron ata o de agora.
As primeiras dúas preguntas que se trasladarán aos asinantes, son as seguintes:
Por un lado, a posibilidade de facer un chamado á cidadanía e aos partidos que concordan cos principios do manifesto, defensa da maioría social, radicalidade democrática e participación directa e rematar coa corrupción e o espolio do País para que se sumen á participación neste proceso.
Por outro, consultar sobre a confluencia con iniciativas análogas que xurdiron en diversas localidades sempre que cumpran cos principios de transparencia, horizontalidade, radicalidade democrática e apertura que inspiraran o manifesto Somos Maioría.
Mediante estas votacións, Somos Maioría incide na necesidade de que a cidadanía sexa a protagonista do proceso de construción das candidaturas de unidade.
Compostela, 7 de setembro de 2014
Botádelle unha ollada a esta aplicación que Podemos está probando para a asemblea presencial de Madrí.
http://www.appgree.es