Nace en Noia unha alternativa de unidade cidadá

Un grupo de asinantes do manifesto Somos maioría impulsa unha candidatura cidadá en Noia.
Esta convocada unha xuntanza o vindeiro luns, día un de setembro, no edificio administrativo do Espírito Santo (antigo matadoiro) ás 20:30 co obxectivo de por en marcha a elboración dun programa de cara as vindeiras eleccións municipais.

Esta xuntanza será o comezo dun movemento que teña como obxectivo acadar unha candidatura unitaria e construir dende abaixo unha alternativa democrática de goberno municipal, buscando sempre principios comúns e un programa concreto en Noia conectando con iniciativas ao longo de todo o país. Está aberta a todos os veciños e veciñas que se queiran sumar a título individual que aposten por outro xeito de facer política.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén, só queremos impulsar un espazo de entendemento para que en Noia poida darse unha alternativa democrática que teña como
protagonista á cidadanía activa.
Somos maioría na rúa, na cola do paro, nas listas de espera dos hospitais públicos, nos empregos precarios e temporais…; e tamén queremos selo nas intitucións publicas. De ahí a que chegue o
momento de mollarse, de dar o paso a construír unha alternativa real a un bipartidismo que está máis feble que nunca
O día 1 será o comezo dunha nova andaina política que remate coa creación dun programa municipal elaborado baixo os principios do asemblearismo e a participación democrática. Nesta
xuntanza decidiremos tamén cales serán os nosos principios e estrutura organizativa, así como os mecanismos dos que nos dotaremos para escoller os nosos representantes.

Noia, 29 de agosto de 2014

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>