20150408_175831

Convocamos unha consulta telemática para saber a vosa opinión para unha candidatura galega ás eleccions xerais de outono

PARTICIPA E ANIMA A PARTICIPAR

Ante a petición de moitas persoas asinantes do manifesto inicial de Somos Maioría decidimos impulsar, e xa se está a celebrar porque teredes recibido un correo como asinante inicial do manifesto, unha consulta telemática sobre a necesidade dunha candidatura única galega para as eleccións a Cortes do vindeiro outono, do seguinte teor:

“PARABENS A TODAS AS CANDIDATURAS DE UNIDADE CIDADÁN

Estamos a recibir na web do Somos Maioría mensaxes de congratulación e compartindo a ledicia duns resultados nas eleccións aos concellos galegos moi alentadores e que abren perspectivas de ilusión para a cidadanía. Enviámosvos esta comunicación para compartir estas mensaxes, aínda que sabemos que Somos Maioría só foi unha achega máis que se algo tivo en positivo foi animar e alentar un traballo que moita xente e en diversas iniciativas estaba na idea de realizar.

A comunicación horizontal que se xerou entre asinantes do manifesto contribuíu tamén en algo a que sen inxerencias de ninguén, florecesen ao seu xeito, con maior ou menor vigor, iniciativas que hoxe enchen de ledicia e ilusión moitas persoas.

Chegan tamén á web peticións de persoas asinantes e grupos locais que ven necesidade de que esta experiencia cidadá exitosa nos concellos, sirva para novas iniciativas de unidade cidadá.

Os asinantes iniciais non nos consideramos por ese feito con máis dereitos que ninguén pero quen temos coordinado este espazo de comunicación e entendemento en que deveu o manifesto, considerámonos obrigados a partillar a información e propostas que nos chegan e por iso vos preguntamos se ..

Credes que debemos, sen competencia ningunha con outras iniciativas que xurdan, chamar a unha única candidatura cidadá galega guiada polos obxectivos do manifesto Somos Maioría e protagonizada directamente pola cidadanía para contribuír á consecución dun Grupo Parlamentar Galego en Madrid na defensa da maioría social e para instaurar unha democracia real que comece polo dereito da Galiza a decidir?”

Todas aquelas persoas que desexedes incorporarvos á consulta non tedes máis que subscribir o manifesto inicial de Somos Maioría na páxina web http://www.somosmaioria.org se é que non o tedes feito xa dende aquela. Podedes animar tamén a persoas amigas, compañeiras e coñecidas a asinalo e a participar.

En breves datas faremos público o resultado da consulta que de ser afirmativo abriría un proceso participativo, sen competencia con outras iniciativas, a prol dunha única Candidatura Galega na defensa da maioría social, e para instaurar unha democracia real que comece polo dereito radical democrático de Galiza a decidir.

Un saúdo de Mar Catarina Serantes Rubianes e Miguel Pernas Cora

5 pensamentos sobre “Convocamos unha consulta telemática para saber a vosa opinión para unha candidatura galega ás eleccions xerais de outono”

  1. Considero que SI debe haber unha candidatura galega pero, sempre que se cumpra o principio de autodeterminacion, deberia incluirse nela a IU e, se se poidera, a Podemos. O porque e porquw a xente non vota nacionalismo nin esquerda, a xente vota Unidade Popular. E as intencions sen vitos non serven

    1. Eu creo que esa misma candidatura o único que conseguiría seria a separación da unidad popular que eu vexo reflejada en PODEMOS
      E creo que si queremos ser una alternativa fuerte de gobernó debemos aunar esfuerzos e non dividirnos
      A parte de esto estoy de acordo con voso plantexamento paz próximas elecciones autonómicas
      Pero sinceramente paz generales creo que sería un error que pagaríamos moi caro
      Debemos aunar esfuerzos para arrebatarle o goberno o PPSOE e conseguir así poder reorganizar o país e por ende as nosas vidas
      Un saludo dun mariñeiro

  2. Sería un paso adiante para a xente deste pobo!!, que tanto precisa dunha política ao servizo da cidadanía!!!.
    Iso si!!!, galeguista!!, Non nacionalista!!!.

  3. Eu penso q unha unidade popular só é posible partindo do respecto a todas as sensibilidades, sen pechar portas senón abríndoas. No que a nacionalismo en Galiza se refire, non podemos esquecer q hai unha demanda máis que lexítima de independentismo. Obviar isto é negar a realidade social deste pobo. Igualmente ocorre se pretendérase facer unha unidade popular galega capitaneada polas ansias independentistas. Para min a consigna é o respecto deste principio incluíndo nas bases o dereito a decidir, e cada quen que decida q modelo de estado prefire.
    BOAS TARDES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>