ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE SOBER DECIDEN CONVOCAR ASEMBLEA ABERTA PARA IMPULSAR UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

En Sober tamén Somos maioría

Nós, persoas que asinamos e temos apoiado o manifesto Somos Maioría, veciños e veciñas de Sober:
Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostas a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:
Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Sober poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.
Por iso, convidamos a quen asuma estes postulados que asine o manifesto en Somos maioría e/ou que asista á convocatoria aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Sober, unha marea ao abeiro do manifestado en Somos Maioría.

Así, acordamos fixar a convocatoria aberta para o venres, 26 de setembro, ás 20:30 h, en lugar por decidir.
Namentres, como canle de contacto e comunicación para acoller propostas, abrimos na rede este espazo (http://sober.somosmaioria.org).

Animamos á cidadanía do noso concello a sumarse e participar na iniciativa, xa que só se somos moitas e moitos e nos implicamos podemos transformar a realidade.

Tamén se pode contactar no correo: info@sober.somosmaioria.org

 

Convocatoria aberta: SOBER

Lugar: (por decidir)

Día: venres, 26 de setembro

Hora: 20:30 horas

Sober, 22 de agosto de 2014

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>