ASINANTES DO MANIFESTO SOMOS MAIORIA DE LUGO REÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ

Persoas asinantes de Somos Maioría de Lugo reuniranse para ver de promover unha Candidatura de Unidade Cidadán en Lugo.

Nesta xuntanza en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en Lugo, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría de

– Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

– Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Para iso achegan convocatoria para os asinantes do manifesto Somos Maioría da Cidade de Lugo:
Data: 3 de setembro
Hora: 19:30 h
Lugar: Salón de Actos do Edificio Sindical na Rolda da Muralla 58 de Lugo


Galiza, 28 de agosto de 2014

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>