ASINANTES DE SOMOS MAIORÍA INICIAMOS XUNTANZAS PARA PROMOVER UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE CIDADÁ (CUC) EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Reunido un grupo das persoas asinantes do manifesto SOMOS MAIORÍA, veciños e veciñas de Vilagarcía de Arousa, cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostos a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:

“Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”.

Celebramos esta primeira xuntanza, para iniciar os pasos e promover una Candidatura de Unidade Cidadá (CUC). Queremos crear unha marea ao abeiro do manifestado en SOMOS MAIORÍA, e axudar así a crear un espazo de entendemento, para que en Vilagarcía poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.

Por iso convidamos a quen asuma eses postulados, que asine o manifesto e se poña en contacto connosco no enderezo electrónico:

info@vilagarcia.somosmaioria.org

Vilagarcia, 27 de agosto de 2014

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>