As persoas asinantes de Somos Maioría acordaron en referendo aberto:
- Facer un chamado á cidadanía e aos partidos que concordan cos principios do manifesto, para que a cidadanía participe e os partidos animen á participación dos seus afiliados/as.
- Propoñer a confluencia local con iniciativas análogas sempre que cumpran cos principios de transparencia, horizontalidade, radicalidade democrática e apertura que inspiraran o manifesto Somos Maioría.
Estas dúas propostas saídas da reunión de persoas asinantes de Somos Maioría, celebrada o pasado día 7 de setembro en Santiago, foron referendadas polo 96,8% e 95,4% respectivamente.
O referendo telemático celebrado dende o día 21 até hoxe ás 12 horas, puxo de manifesto a posibilidade de posta en práctica da democracia directa cunha ferramenta segura e auditábel que garante o segredo do voto. A familiarización das persoas cun procedemento de votación novo para a maioría, resultou fácil e posibilitou unha alta participación, máis do 60%, sen apenas incidencias e que se solucionaron facilmente.
Galiza 27 de setembro de 2014