Asinantes de Somos maioría convocan asemblea aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Cabanas

En Cabanas tamén Somos maioría

Nós, persoas que asinamos e temos apoiado o manifesto Somos Maioría, veciños e veciñas de Cabanas:
Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostas a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:
Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Cabanas poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.
Por iso, convidamos a quen asuma estes postulados que asine o manifesto en Somos maioría e/ou que asista á convocatoria aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Cabanas, unha marea ao abeiro do manifestado en Somos Maioría.

Convocatoria aberta: 

Lugar: ao carón da oficina de turismo, O Areal
Día: xoves 28 de agosto de 2014
Hora: 19.30 h

Cabanas, a 19 de agosto de 2014

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>